My Account
Categoría para acoller aquelas páxinas que achegan información xeral sobre a lingua galega (historia, situación actual...), así como a actualidade lingüística do país.
Páxinas persoais en galego.
Categoría específica para acoller as páxinas daqueles colectivos, asociacións, grupos de traballo... que traballan pola normalización lingüística, a defensa dos dereitos lingüísticos e, en xeral, por un maior uso e presencia social do idioma galego.
Categoría creada para albergar todo aquel caderno de bitácora cuxa temática teña que ver coa lingua galega.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia. Categoría creada para recoller as páxinas que informan sobre o Día das Letras Galegas: historia, autores homenaxeados.
Categoría creada para albergar todas aquelas páxinas cuxa finalidade sexa didáctica: cursos de lingua en liña, exercicios, recursos formativos...
Categoría aberta para anunciar congresos, encontros, cursos, xornadas de debate... que estean por celebrar en Galicia ou fóra de Galicia, e que estean enfocadas á abordaxe do sistema lingüístico galego en calquera dos seus eidos de estudio. Tamén aqueloutros que polas súas características poidan resultar de interese igualmente ou vaian contar con participación galega.
Categoría específica para aquelas páxinas que dan a coñecer e reivindican a situación da lingua galega alén das fronteiras administrativas de Galicia.
Categoría específica para indexar aqueles grupos de novas (foros) e roldas (listas de distribución) creadas en internet para a opinión e o intercambio de información entre os interesados en temas que afecten á lingua galega. Moitas delas poden pertencer a asociacións e colectivos xa rexistrados na súa categoría específica.
Categoría específica para aqueles servicios e/ou departamentos que realizan tarefas de asesoramento e normalización da lingua nun ámbito de actuación determinado.
Categoría creada para acoller aquelas páxinas que aborden a onomástica galega (toponimia, antroponimia...) desde calquera punto de vista: recompilación de nomes propios, estudio e investigación...
Categoría aberta para acoller as páxinas de organismos oficiais, centros de estudio e investigación, departamentos universitarios... (de Galicia ou fora de Galicia) que teñan como obxectivo ou razón de ser o estudio, difusión e/ou promoción da lingua galega.
Categoría aberta para as páxinas creadas por investigadores, escritores, docentes... e público en xeral que estea interesado ou aborde a lingua galega en calquera das súas vertentes.
Páxinas persoais en galego.
Categoría específica para singularizar as páxinas daquelas propostas, inciativas, proxectos... que teñen que ver coa lingua galega, independentemente de que proveñan de organismos oficiais ou colectivos de todo tipo xa considerados noutras categorías.
Categoría creada para acoller aqueles proxectos electrónicos ou con presencia na rede que teñen como referente principal a lingua galega: proxectos de normalización lingüística e incremento do uso e presencia do idioma, proxectos de lingüística computacional e aplicada, proxectos co fin de facilitar o acceso a recursos galegos...
Categoría específica para acoller aqueles recursos, fundamentalmente publicacións, electrónicos ou en liña que están presentes na rede para dotalos dunha maior difusión ou accesibilidade.