Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira.
O concello, composto polas parroquias de Meira (Santa María) e Seixosmil (Santo Isidro), está situada ó noroeste da provincia, entre a Terra Chá e as Serras Orientais, ó oeste da serra de Meira. O relevo é algo accidentado. No alto da serra de Meira está o Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño. Climatoloxicamente isto tradúcese nun clima oceánico de montaña, con precipitacións durante todo o ano, con excepción dos meses de xullo e agosto. No inverno, e nun curto período de días, o normal e ter algo de neve.
Por favor, suxira unicamente sitios, que se atopen redactados en galego, e que traten temas relativos ó concello lugués de Meira.